Os Bolechas van á Feira do Cocido de Lalín

Os Bolechas, ao igual que milleiros de persoas, visitan Lalín nestas datas para tomar o seu famoso cocido. Pero eles non só van comer, tamén teñen que ir buscar os ingredientes, e farano nada menos que en avión, coma se fosen o mesmísimo Joaquín Loriga. 


30 de xaneiro de 2019



Esta mañá presentamos no Concello de Lalín o novo libro dos Bolechas dedicado a este municipio. Aproveitando a celebración da Feira do Cocido, os Bolechas van comer a casa do seu amigo Estevo. O cocido faino a avoa do neno pero antes teñen que ir buscar os ingredientes. Menos mal que Estevo ten un avión, e así van a fume de carozo recollendo todo o preciso para facer un cocido en condicións. E, de paso, visitan algúns dos lugares máis emblemáticos de Lalín, como o Observatorio de Ramón María Aller, a  Praza da Igrexa, o Pazo de Liñares, os monumentos adicados a Loriga e ao Porco, o paseo Pontiñas ou a fraga de Casas Vellas, entre outros. Tamén coñecerán o labor da plataforma Salvemos Catasós e o Entroido da Cacharela “que está facéndose un oco no entroido galego”, explicoulles o alcalde de Lalín aos case 200 nenos e nenas de diferentes colexios que acudiron á presentación.

Este novo título que se enmarca na colección Guías distribuirase nos centros educativos do municipio e nas bibliotecas de toda Galicia, e estará tamén dispoñible nas librarías galegas para todas as persoas que queiran descubrir Lalín.









Arquivos



PHP Warning: getimagesize(imaxes/Novas/334/): failed to open stream: No such file or directory in H:\webspace\hostings\osbolechas.gal\hosting\www\PanelAdmin\functions.php on line 579