Coñecer Negreira ao tempo que se aprende sobre igualdade

Este venres, 28 de novembro, tivo lugar no Auditorio do Concello de Negreira a presentación do libro As nenas e os nenos de Negreira pola igualdade e contra a violencia de xénero. Unha publicación que axudará a traballar pola igualdade desde a infancia ao tempo que se coñece un pouco máis o municipio.


02 de decembro de 2020



O obxectivo principal e sensibilizar na igualdade de xénero e previr a violencia de xénero dende idades temperás xa que na infancia é cando adquirimos a identidade de xénero. A lectura supón unha ferramenta máis na educación das nenas e nenos que lles permite aprender a converterse en persoas con determinados valores, entre eles, a igualdade de xénero. O Concello realizou un reparto de exemplares nos centros de ensinanza para dar a coñecer esta publicación entre o alumnado.

Á presentación do libro do libro As nenas e os nenos de Negreira pola igualdade e contra a violencia de xénero acudiu o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez e a concelleira de igualdade, Mar García Vidal. Así mesmo, asistiron a directora e asesora xurídica do CIM, Rosa Fuentes e a psicóloga, Natalia Súarez. Dita acción foi subvencionada pola Secretaría de Igualdade.









Arquivos