O xornal ourensán La Región organiza un ano máis a súa festa de fin de curso na que, como non podía ser doutro xeito, estarán… Os Bolechas. Será no parque Miño este luns, 20 de xuño, durante todo o día.
O próximo luns o xornal La Región organiza unha festa de fin de curso para escolares de 3º e 4º de primaria da provincia de Ourense. A partir das 11:00 h centenares de nenas e nenos gozarán de múltiples actividades preparadas no parque Miño de Ourense, desde inchables ata jumping, touro mecánico, karaoke, discoteca móbil, actuacións de maxia ou festa da escuma, ademais dun circuíto de parque acuático.
Os Bolechas corpóreos, co seu R4, estarán no recinto entre as 12:30 e as 13:30 h, pola mañá, e de 18:00 a 19:00 h pola tarde. Ademais, sortearanse cursos de inglés e libros con peluches dos Bolechas. E haberá comida e merenda para todos os asistentes, xunto con moitas outras sorpresas.
La Región pon a disposición de todos os participantes un servizo gratuíto de autobús que desprazará ao Parque Miño a escolares chegados desde todos os puntos da provincia.