Os Bolechas presentan o xogo “Concello de Curtis en igualdade”
O Concello de Curtis, a través do Cim Curtis e co apoio da secretaría de igualdade da Xunta de Galicia, elaborou un divertido xogo sobre a igualdade protagonizado polos Bolechas.
“Concello de Curtis en igualdade” é un divertido xogo de mesa dos Bolechas no que se pon a proba os coñecementos sobre igualdade pero tamén sobre o propio municipio. Cada participante deberá responder á cor da pregunta que lle toca para poder avanzar.
Se é cor violeta terá que contestar unha pregunta sobre igualdade de xénero. Dependendo da idade da persoa que xoga poderase optar por preguntas fáciles ou difíciles. E se a cor é outra, deberá responder preguntas sobre o concello de Curtis: sobre natureza, patrimonio, historia, cultura, festas…
Unha divertida forma de aprender e pasalo en grande coa familia ou coas amizades.
Se estás empadroado ou empadroada no Concello de Curtis, podes conseguir un destes xogos na páxinas de Facebook do CIM Curtis.