Os Bolechas tamén están presentes en Vigolandia

Desde onte, 26 de decembro, e ata o día 30 deste mes os máis pequenos teñen unha cita en Vigolandia. O espazo do Ifevi converteuse nun gran parque infantil no que non faltarán os populares personaxes nin o seu creador, Pepe Carreiro. 




A feira de lecer infantil e familiar comezou onte, mércores 26, e manterá abertas as súas portas ata o día 30 deste mes de decembro. Entre os múltiples talleres e actividades programados, está un obradoiro de debuxo adicado aos Bolechas e impartido polo seu creador: Pepe Carreiro.

O taller, que se desenvolve no espazo Faro de Vigo do Ifevi e dura preto dunha hora, consiste en facer debuxos da popular familia, para o que a Editorial Bolanda facilitou material específico. A actividade dura case unha hora e, unha vez concluída, realizaranse sorteos e entregaranse premios. Ademais, os mil primeiros nenos e nenas que participen nesta actividade recibirán unha orixinal fiambreira dos Bolechas.

O taller conta coa colaboración do xornal Faro de Vigo e de Novagalicia e os interesados en participar poderán facelo mañá, venres, así como o sábado e o domingo a partir das 12.00 horas. As entradas pódense adquirir nas tendas Orange de Travesía e Pizarro ou no propio recinto, e custan 3 euros para o público xeral, 2 para os menores de 14 anos e son gratis para os menores de 2.









Arquivos