Que sabes sobre o Samaín?

A ÁREA DIDÁCTICA desta web vén de incorporar novo material para que pais e profesores poidan traballar cos máis pequenos o Samaín, unha festa recuperada recentemente pero con fondas raíces históricas que as nenas e nenos galegos poderán coñecer da man dos seus personaxes favoritos.


27 de outubro de 2015



Un dos principais obxectivos desta nova páxina web www.osbolechas.gal é contar cun espazo vivo, permanentemente actualizado e que fomente a participación e interacción. E iso é que vimos de facer co novo material dispoñible desde hoxe na ÁREA DIDÁCTICA, unha sección pensada para axudar a familias e educadores a desenvolver diversos contidos pedagóxicos entre os máis cativos.

Igual que fixemos o pasado mes de febreiro co Entroido, nesta ocasión preparamos unha nova unidade sobre outra data que moi pronto celebrarán as nenas e nenos galegos: o SAMAÍN, unha festa recuperada recentemente pero con fondas raíces históricas que queremos dar a coñecer, ao tempo que introducimos unhas primeiras nocións de historia, xeografía, cultura popular, gastronomía, plástica… de xeito que os pequenos poidan coñecer e gozar aínda máis desta terrorífica e divertida data.

Destinada fundamentalmente ao alumnado de infantil e primaria, esta unidade permitiralles achegarse ao Samaín tanto desde o punto de vista teórico como a través de exercicios, xogos e actividades que teñen como referentes aos seus personaxes favoritos.

Trátase de que os máis pequenos coñezan a orixe e evolución desta celebración ao tempo que adquiren unhas primeiras nocións sobre historia, xeografía, cultura popular, gastronomía, plástica…

A unidade didáctica está dispoñible nesta web para descargar e pasalo de medo este Samaín.









Arquivos