Novas iniciativas para un novo ano!!

Coa última parada da xira ‘Nadal en familia’ este sábado puxemos fin a programación destas festas, que incluíu, ademais da xira, un concerto, programación especial na TVG, cabalgata de Reis e un web específico de Nadal. Agora… a preparar un novo ano tan especial como o que acabamos de despedir!


09 de xaneiro de 2017



A visita a Barreiros este sábado, 7 de xaneiro, puxo fin á xira ‘Nadal en familia’ coa que percorremos durante estas vacacións dez concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. Esta xira enmárcase no programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede' que acadou a participación máis alta das súas cinco edicións, con preto de 5000 asistentes ao longo de tres intensas semanas nas que a cativada puido gozar de multitude de actividades en galego.

Os Bolechas levaron canda eles obradoiros de chapas, de maquillaxe, de debuxo..., concursos de postais, cartas aos Reis Magos, xogos populares, sorteos e, por suposto, libros! Como os que repartiron entre as ganadoras e ganadores do sorteo de postais de Nadal, case medio centenar de lotes de libros repartidos nas dez vilas polas que pasou o 'Nadal en familia': A Pobra do Brollón, Barbadás, Rianxo, Sanxenxo, Santa Comba, Rois, O Porriño, O Rosal, Padrón e Barreiros.

Tanto os premiados como as localidade se toda a información da actividade puido seguirse, ademais de nas redes sociais dos Bolechas, a través da web específica da actividade, xiradenadal, á que este ano se uniu outra, www.osbolechas.gal/nadal para que toda a cativada galega puidese gozar dos Bolechas nestas vacacións.

A iso sumáronse moitas outras actividades, como o concerto que gravamos con Monoulious DOP no Gaiás e que se emitiu o 31 de decembro e o 6 de xaneiro na TVG, a participación na cabalgata de Reis de Vigo e a intervención no programa Luar especial de Reis… un fin de festa xenial para un ano no que puidemos gozar xuntos, novamente, de multitude de propostas.

Novo xogo na web dos Bolechas

E agora… xa estamos traballando para que este 2017 sexa aínda mellor! Para empezar ben, presentámosvos un novo xogo que xa está dispoñible na nosa web: o xogo da memoria.

Atrevédesvos con el? 









Arquivos