Xa temos os gañadores do concurso de San Valentín

Belén Rodríguez, Antonio Presas B e Elia Argüello son os gañadores dos tres agasallos do concurso de San Valentín dos Bolechas. 


17 de febreiro de 2014



O sorteo realizouse a través da plataforma Easypromos coa que se celebrou todo o concurso de San Valentín. Tal como establecían as bases, os participantes só tiñan que compartir algunha palabra ou xesto de amor dos máis pequenos da casa. As dez máis votadas quedaban como finalistas e entraban no sorteo dos tres agasallos: unha bicicleta, unha Biblioteca Básica e un monopatín.  

Os finalistas foron: Juan Carballal, Belén Rodríguez, Isabel Miranda, Remedios Gonzáledez, José Pérez, Antonio Presas B, Mila Hermida MIser, Elia Argüello, Eva e Leandro Coreio Menduíña. 

Tras realizar o sorteo, os tres gañadores seleccionados aleatoriamente a través da citada plataforma, segundo o mecanismo descrito no apartado 10.2 das Condicións de uso de Easypromos, foron: 

  • Belén Rodríguez, co número 1, que se fai coa bicicleta.
  • Antonio Presas B, co número 2, leva a Biblioteca Básica coa súa Mulecha
  • Elia Argüello, en terceira posición, que gaña o monopatín.

Parabéns aos tres gañadores e grazas a todos por participar!!!!









Arquivos