Presentamos o libro da visita ao GAC Costa da Morte

Esta mañá presentamos na confraría de Caión o libro Os Bolechas van ao GAC Costa da Morte, no que contamos a fantástica aventura que vivimos na nosa visita a este fermosísimo lugar. 


27 de novembro de 2015



Responsables do Grupo de Acción Costeira (GAC) Costa da Morte achegáronse hoxe á confraría de Caión para dar a coñecer o novo libro dos Bolechas, que transcorre precisamente neste lugar. Na presentación d´Os Bolechas van ao GAC Costa da Morte participaron tamén nenas e nenos do CEIP de Caión, que puideron ler a aventura creada por Pepe Carreiro no fermoso enclave.

No libro, Os Bolechas van á Costa da Morte co seu amigo Fidel. Van estrear no mar un flotador-balea. O caso é que o flotador parece unha balea de verdade e non hai quen o pille. Marcha polos areais, polo mar e mesmo polo aire percorrendo toda a costa. E tras del, todos os Bolechas.









Arquivos