Entradas a 10 € para a xira de Nadal só ata o 9 de decembro

Recordade que as entradas custarán 10 euros só ata o luns. Despois o prezo será de 12 euros. Podedes adquirilas en www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500.


05 de decembro de 2013



Todas as entradas das once vilas e cidades polas que pasará a xira de Nadal Os Bolechas cantan con Lady Vina custarán 10 euros ata o luns, 9 de decembro. A partir desa data o prezo de venda será de 12 euros.

A xira, que permitirá ver Os Bolechas nun gran espectáculo musical especialmente pensado para toda a familia, percorrerá 11 vilas galegas. A primeira será Vilagarcía de Arousa, onde se estreará a nova función o día 22 de decembro. Ao día seguinte (23 de decembro) o espectáculo estará en Pontevedra; o día 26 chegará a Vigo, o 27 a Burela, e o 30 de decembro a Santiago de Compostela. Cangas abrirá as funcións do novo ano; alí estará o día 2 de xaneiro; o día 3 Os Bolechas pasarán polo Auditorio Municipal de Ourense, o día 4 ao Pazo da cultura de Narón, o día de Reis (6 de xaneiro) estarán en Lugo, o 7 na Coruña e o 8 de xaneiro pecharán a xira en Vilalba.

Todas as entradas poden adquirirse xa na páxina web www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500.

E recordade: ata o 9 de decembro teñen prezo especial de 10 euros!









Arquivos