Pepe Carreiro imparte obradoiros de debuxo con motivo do Día do Libro

A familia Bolechas celebra o Día do Libro en varias vilas de Galicia. O seu creador imparte o seu obradoiro de debuxo de personaxes en Bertamiráns e Lalín.




O pasado sábado, 20 de abril, Pepe Carreiro estivo na conmemoración do Día do Libro que organizou o Concello de Ames. A Praza do Concello foi o lugar escollido para que os nenos puideran desenvolver as súas habilidades como debuxantes. No taller os participantes descubriron algún dos segredos do autor dos Bolechas para crear os seus personaxes. 

O martes 23, Día do Libro, o taller trasládase a Lalín. Os interesados en participar nel deberán achegarse ao auditorio de Lalín ás dez e media da mañá. Alí estará Pepe Carreiro que, nesta ocasión, irá acompañado de Braulio Bolechas. Os máis pequenos poderán fotografarse co máis bromista dos irmáns. O obradoiro de debuxo é totalmente gratuito e aberto a todos os que desexen acudir.

Durante o taller os asistentes terán acceso a información sobre as últimas novidades editoriais dos Bolechas. E haberá un posto de venta para aqueles que queiran facerse con algún dos libros que xa se atopan no mercado.









Arquivos