A coñecida familia creada por Pepe Carreiro percorre Coirós na busca de Machuco, o gato da súa amiga Xuliana. Machuco viu un reportaxe sobre gatos salvaxes e quere ser un deles, así que marchou da casa para vivir como os gatos monteses. Pero a vida no monte non é tan fácil como el pensaba…
A aventura dos Bolechas en Coirós servirá de argumento para que as lectoras e lectores descubran a natureza e a historia deste municipio. Con este obxetivo encargaron o Concello de Coirós e a Deputación da Coruña mil exemplares do libro que se presentou esta mesma mañá con motivo dos actos de clausura das actividades municipais.
Todos os cativos que participaron no acto recibiron cadanseu exemplar do libro, que tamén chegará ás dúas escolas municipais e ás nenas e nenos que os soliciten na OMIX de Coirós.