Monforte, Ourense e Vigo, primeiras paradas da caravana Bolechas

Hoxe, luns 21 de xullo, a caravana dos Bolechas xira por Galicia para dar a coñecer o acollemento familiar e levar a diversión do Universo Bolechas a todos os cativos. 


21 de xullo de 2014



Para que ninguén quede sen coñecer o programa de Familias Acolledoras, Os Bolechas percorren desde hoxe Galicia co seu espectacular autobús de dous pisos, co que visitarán un total de sete localidades, onde tamén se instalará unha carpa na que se ofrecerá información sobre o acollemento familiar: a situación dos menores, os perfís das persoas acolledoras, os tipos de acollemento e os pasos para facerse familia acolledora.

No autobús hai multitude de xogos e actividades destinados a que os máis novos coñezan tamén o acollemento ao tempo que gozan dos seus personaxes preferidos. Na área de lectura da primeira planta poderán ler os libros dos Bolechas e na sala de cine da segunda planta poderán ver a popular serie dos Bolechas, ademáis haberá contacontos, karaoke e moitas actividades para pasalo en grande.

A caravana Bolechas está hoxe, luns, no Campo da Compañía de Monforte de Lemos. Mañá, martes, visitará a cidade de Ourense. A partir das 12 h estará no Parque Barbaña. E o mércores 23 estará na zona peonil do Calvario, en Vigo. Tras un pequeno descanso, o luns 28 de xullo chegará a Burela, o martes 29 a Oleiros, o mércores 30 a Boiro e o xoves 31 de xullo rematará o percorrido en Vilagarcía de Arousa.

En cada unha das vilas o autobús e a carpa estarán abertos durante todo o día (de 12 a 15 h e de 17 a 21 h) para informar sobre o programa de acollemento familiar e para achegar a pequenos e maiores toda a diversión do Universo Bolechas que tan ben coñecen as familias galegas.









Arquivos