Os Bolechas, nas redes sociais

Séguenos en Facebook, Tuenti e Twitter




Os populares Bolechas non podían permanecer alleos ao novo fenómeno da Rede e xa teñen o seu perfil activo nas redes sociais. Podedes atopar a familia Bolechas en Facebook, Tuenti e Twitter, as principais redes do noso país.

Aí podedes facervos amigos de Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá e seguir todas as aventuras e novidades dos irmáns Bolechas e do seu cadeliño, Chispa, que sempre os acompaña. Deste xeito poderedes estar máis preto dos vosos personaxes preferidos e contactar con eles.

Ademais haberá concursos, agasallos, promocións e moitas sorpresas para os que sigades habitualmente as nosas páxinas e as aventuras dos Bolechas. Unha forma diferente e orixinal de seguir en contacto cos personaxes que xa forman parte da vida dunha xeración de mozos e mozas galegos.









Arquivos