Máis de 40.000 estudantes participaron en Debuxa o teu cole

Máis de 40.000 estudantes debuxaron o seu cole no concurso posto en marcha polos Bolechas e Novagalicia Banco nos últimos días. 


02 de decembro de 2013



Máis de 40.000 alumnos e alumnas de infantil e primaria de Galicia participaron no concurso “Debuxa o teu cole” que rematou este sábado e que se converteu nunha das iniciativas de maior éxito das organizadas en Galicia nos últimos anos. En canto ao número de clases inscritas no concurso foron máis de 2.300 de toda a comunidade autónoma.

A partir de agora a organización irase poñendo en contacto con todos os colexios participantes para facer a recollida dos debuxos e a entrega dos cadernos de actividades dos Bolechas a todos os nenos que participaron. Trátase do agasallo seguro que todos os nenos e nenas tiñan só por participar e que lles permitirá pasar un bo rato gozando cos seus personaxe preferidos e multitude de actividades moi divertidas e tamén educativas. Ademais o caderno inclúe uns adhesivos dos Bolechas que farán as delicias dos artistas.

Por outra banda, nuns días realizarase o sorteo dos 3.000 euros entre todas as clases participantes, así como os 60 premios económicos e as 60 Bibliotecas Básicas Os Bolechas que se sortearán entre os nenos e nenas que participaron na modalidade individual “Desde a casa”.









Arquivos