Os Bolechas estarán este sábado, 6 de xuño, na festa Voz Natura. A cita dará comezo ás 11:00 h en Acea de Ama (Culleredo), con entrada libre para todas as persoas que desexen asistir, e participación gratis en todas as actividades.
Os Bolechas volverán este ano á festa de fin de curso de Voz Natura, que terá lugar o próximo sábado, 6 de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo, A Coruña, un recinto cunha superficie de seis hectáreas e pechado para facilitar a seguridade dos máis pequenos. A festa dará comezo ás 11:00 e prolongarase ata as 19:30 horas.
No parque haberá postos de comida e zonas poder comer. Non faltaran os inchables, diversos talleres, xogos, competicións deportivas, exhibicións e actuacións. Nunha sala especial exporanse os traballos ambientais realizados polos participantes ao longo do curso e tamén se poderá ver unha mostra das fotos do concurso “Galicia, auga e literatura”.
Os Bolechas corpóreos acudirán co seu autobús de dous pisos cheo de actividades: talleres, karaoke, ludoteca, aula de informática, xogos interactivos, animación e ata cine, na sala habilitada no segundo andar do autobús.
A entrada é libre e todos os visitantes poderán participar gratis en todas as actividades.