Os Bolechas convocan un concurso nas redes sociais polo Día das Letras Galegas

Os participantes poderán gañar unha Biblioteca Básica Os Bolechas ou un xogo de sete chapas dos Bolechas, creadas especialmente para este concurso.




Ata o vindeiro domingo, todos os seguidores da páxina dos Bolechas en facebook (www.facebook.com/osbolechas), poderán partipar no concurso organizado con motivo das Letras Galegas. Os Bolechas queren facer unha homenaxe á nosa lingua xogando coas palabras. Nesta ocasión non se trata de escoller a palabra máis bonita, a intención é divertirse co galego. Cada participante deberá escribir palabras ou expresións mal ditas en galego por os máis cativos que, se ben non son correctas, son curiosas e simpáticas.

Os cinco concursantes máis votados terán regalo seguro. A Biblioteca Básica Os Bolechas é o agasallo estrela. O agraciado será seleccionado mediante sorteo entre os finalistas. Os catro participantes que non resulten gañadores serán obsequiados cun xogo de sete chapas coa imaxe dos seis irmáns Bolechas e o seu can Chispa.

A Biblioteca Básica Os Bolechas é unha das últimas novidades editoriais dos Bolechas. A colección está formada por doce tomos cun alto valor pedagóxico e ven acompañada da muuulecha, a maleta correcamiños dos Bolechas.

Para participar no concurso hai que entrar na páxina de Facebook dos Bolechas ou acceder a través do seguinte enlace: http://goo.gl/WYRCk.









Arquivos