Acompañamos os CEIP Xaquín Loriga e Plurilingüe de Oca na promoción do galego na biblioteca

Os equipos de dinamización da lingua galega dos dous colexios de Terra de Montes e do Deza escolleron o Día da Biblioteca para poñer en marcha os seus proxectos de dinamización da lingua. E os Bolechas estivemos alí!


25 de outubro de 2019



Os Bolechas acompañaron a Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, na visita realizada, con motivo do Día da Biblioteca, os CEIP Xaquín Loriga de Lalín e Plurilingüe de Oca da Estrada, para coñecer de primeira man o traballo de promoción do uso do galego que os seus equipos de dinamización da lingua están realizando desde as bibliotecas escolares.

A primeira parada foi no colexio estradense onde presentaron o seu proxecto Mulleres pioneiras galegas actuais, que anima a indagar sobre figuras femininas relevantes da nosa comunidade e mais a difundir a súa obra. Trátase da segunda parte dunha proposta bianual que o curso pasado se centrou en mulleres do pasado e neste curso aborda o papel de mulleres dos nosos días relevantes nos ámbitos da política, o deporte, a ciencia, a literatura ou a empresa, entre outros.

A continuación,fomos até o CEIP Xaquín Loriga, de Lalín, onde asistimos á apertura da súa biblioteca escolar e á presentación do proxecto O Camiño de Santiago: roteiros cun mesmo destino. O acto incluíu unha representación teatral do alumnado, unha recreación de distintas etapas do Camiño Francés e a entrega aos diferentes cursos do centro educativo dos materiais que necesitarán para o traballo de investigación grupal que lles permitirá completar o proxecto.









Arquivos