A cativada de Laxe recibe a guía de Igualdade dos Bolechas

Todas as nenas e nenos de infantil, primaria e secundaria participaron hai uns días nunha xuntanza veciñal na Praza dos Voluntarios de Laxe na que recibiron a nova guía dos Bolechas En Laxe somos iguais.


18 de decembro de 2019



Toda a veciñanza de Laxe participou o pasado 25 de novembro nun acto celebrado na Praza dos voluntarios, diante da Casa do Concello, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no que se desenvolveron distintas actividades.

Ao acto estaba convocado o alumnado dos centros escolares de Laxe, tanto de infantil como de primaria e secundaria, que levaron a cabo diversas accións e recibiron a nova guía dos Bolechas En Laxe somos iguais.

O libro está enfocado a educar e normalizar entre a poboación infantil as diferencias existentes entre as persoas, os sentimentos, as mostras de afecto e os gustos. Porque todas as persoas somos distintas, pero tamén somos iguais, porque temos os mesmos dereitos!









Arquivos