Todo listo para contar o noso conto de Nadal

Hoxe, venres, iniciamos a xira "Un conto de Nadal" que, como cada ano, nos levará por varios concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia dentro do programa Nadal en Rede. 


22 de decembro de 2017



Vilalba abre esta tarde a xira de Nadal 2017 na que, até o 7 de xaneiro, percorreremos oito localidades galegas. Empezamos hoxe ás 18:00 h no Auditorio Carmen Estévez de Vilalba e seguiremos mañá, sábado, en Xinzo de Limia, ás 17:00 h na Casa da Cultura.

Os Bolechas protagonizan unha historia teatral en torno a unha broma sobre a desaparición dun camelo cargado de xoguetes que porá en perigo a noite de Reis. A obra poderá verse tamén en Poio o sábado 30 de decembro (Centro Cultural Xaime Illa), o 2 de xaneiro en Ames (Casa da Cultura de Bertamiráns); o día 3 na Casa da Cultura de Muros; o o 4 no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, o 6 no Auditorio Municipal do Carballiño e o domingo 7 de xaneiro na Casa da Cultura de Sarria.

“Un conto de Nadal” enmárcase no programa Nadal en Rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, do que forman parte tamén as propostas de Fantoches Baj, Uxía, Senén Vaamonde e A Roda. Toda a información e o calendario poden seguirse no web en www.lingua.gal/nadal-en-rede, ademais de nas redes sociais.









Arquivos