Repartimos invitacións en Luar para a Xira de Nadal

O programa da TVG Luar, presentado por Xosé Ramón Gayoso, repartirá esta noite 264 invitacións para o espectáculo Os Bolechas cantan con Lady Vina. Ademais varios Bolechas estarán no programa xunto co director do espectáculo. 


13 de decembro de 2013



Os Bolechas estarán esta noite (a partir das 22.10 h) no Luar da Televisión de Galicia xunto con Santi Prego, o director da obra Os Bolechas cantan con Lady Vina, para contar algúns dos segredos da xira de Nadal que comezará o día 22 en Vilagarcía de Arousa.

Pero, ademais, ao longo do programa darase a coñecer un correo electrónico no que é posible conseguir invitacións para cada unha das once vilas polas que pasará o espectáculo. Tan só hai que estar ben atentos ao programa e cando saia a dirección de correo electrónico enviar un mail poñendo o nome da vila para a que se queren conseguir as entradas:

  • Vilagarcía de Arousa
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Burela
  • Santiago
  • Cangas
  • Ourense
  • Narón
  • Lugo
  • A  Coruña
  • Vilalba

As 12 primeiras persoas que pidan para cada unha das vilas recibirán dúas invitacións para acudir á función solicitada. Recibirán as súas entradas a partir do luns.









Arquivos