Xa hai gañadores do primeiro concurso de Historias de verán dos Bolechas




Coa chegada das vacacións de verán, Os Bolechas puxeron en marcha un xogo para gozar cos seus amigos, construír unha historia sobre cada un dos irmáns Bolechas. Os fans desta familia en Facebook teñen que contribuír cunha frase a facer unha historia e as dúas frases con máis “me gusta”, terán premio directo.

Nesta primeira semana de concurso, a gañadora foi Mar Hermida Pico, que conseguir unha táboa de “bodyboard” (Tribord 100 42’ ) e a segunda clasificada foi Marta RV que recibirá un papaventos (Tribord Zeruko W144).

Hoxe iniciouse a segunda historia, que ten como protagonista a Carlos. Só tedes que deixar unha frase no muro da historia e conseguir o maior número de “me gusta” de fans dos Bolechas e conseguiredes o voso agasallo a vindeira semana.

A historia de Braulio

-      Braulio sacou moi boas notas este ano. Ben merecido ten o seu agasallo!

-      Co seu coche novo fai “trompos” pola praia, aínda que ademais de “trompos” tamén se dá algunha trompada.

-      Hoxe pola mañá saíu con Chispa de paseo á beira do mar. Chispa tiña ganas de se bañar pero colleu medo coas ondas.

-      Pero como é un bo intrépido... dixo... quen dixo medo? E aló foi a facer fronte ás ondas! pero... tiña un problema! que facía cos seus lentes?

-      “Teño unha idea!” dixo Braulio, “poñerei os lentes de mergullo por riba e así poderei ver ben os peixes que nadan no fondo”

-      Arrancou co seu flamante coche novo e nun cento de metros paróuselle porque quedou sen combustible

-      Que podo facer agora? Xa sei!!! Atarei a Chispa cunha corda, para que me axude a levalo ata a próxima estación de servizo... Imos Chispa!!!! Temos que chegar ata a outra punta da praia!!!! Onde está a esperarnos Tatá e Carlos!

-      Chispa, queres andar dunha vez oh!!! A este paso vai ser noite cando carguemos o depósito e non chegaremos para a cea desta noite con toda a familia.

-      E Braulio quedou tan sorprendido que non foi quen de facer nada. “Este Chispa éche coma un raio” –pensou.

-      Un fermoso bólido vermello, que corre... que nin o demo!

-      Veña, mans á obra!  Pero Chispa non llo pon fácil. Non para de mover o volante ao chou e o coche zigzaguea pola area.O resto dos Bolechas escachan coa risa.

-      Arre demo! Pero como se para este traste? Se sigo así creo que me vou esnafrar e o único que conseguirei e un brazo escaiolado e todo verán na veira da praia sen me poder bañar.

-      Agora voume apuntar os rallyes galegos e vou gañar moitas copas e trofeos, meto primeira e aperto este pedal e a correrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr, ei, eiy, ei! ISTO COMO SE PARA? (chofff), (chofff), menos mal que se acabou a gasolina que se non acabo en urxencias.

-      Carlos, Carlos, ti e mais Sonia baixade a praia e enchede o caldeiro de Tatá de auga que xa imos botar no depósito de gasolina.

Loli e Pili din que non lles parece correcto, pero por probar non vai pasar nada, e enchen o depósito de auga de mar, entón Braulio pon a chave no contacto e.................









Arquivos