Próximas paradas da caravana Bolechas familia de acollida

O luns 28 de xullo continúa a xira da caravana Bolechas dando a coñecer o acollemento familiar. Esta semana pasará por Burela, Oleiros, Boiro e Vilagarcía de Arousa. 


24 de xullo de 2014



Tras Monforte, Ourense e Vigo, a caravana que está a presentar a campaña “Os Bolechas familia acolledora” por toda Galicia pasará esta semana por catro novas localidades: este luns 28 de xullo estará na Praza do Concello de Burela; o martes 29 na Praza de Esther Pita de Oleiros; o mércores 30 na Praza de Galicia de Boiro, e o xoves 31 de xullo rematará o percorrido na explanada do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

En todas as vilas a caravana estará aberta durante todo o día (de 12 a 15 h e de 17 a 21 h) para informar sobre o programa de acollemento familiar e para achegar a pequenos e maiores toda a diversión do Universo Bolechas que tan ben coñecen as familias galegas.

No Autobús hai multitude de actividades para que toda a familia o pase en grande, desde contacontos e cine a xogos, fotomatón, karaoke, actividades mutimedia etc. Pero tamén atoparedes información para coñecer o programa de Familias Acolledoras de Cruz Vermella.

Ademais, todos os días sorteanse cinco premios entre os asistentes que cubras a tarxeta do concurso, que se entrega no propio Autobús. Podedes gañar unha Biblioteca Básica Os bolechas completa ou unha Muuulecha.

E recordade que tedes unha nova web con novos xogos, recortables e actividades dos Bolechas!!









Arquivos