Os Bolechas entregan 14 coleccións de xoias valoradas en 1.400 euros
Un total de 14 amigos dos Bolechas recibirán nos próximos días a súa colección de xoias valorada, cada unha delas, en 100 euros. Os gañadores terán seis días para confirmaren os seus datos e recibir a súa colección.
En total sorteábanse dúas coleccións diferentes de cada un dos sete personaxes principais desta familia. Para conseguilas tan só era preciso ser seguidor dos Bolechas en Facebook, de aí a gran cantidade de amigos que participaron neste sorteo –tanto de Facebook, como de Twitter–, alentados tamén polo gran número de premios que se entregaban: 14 coleccións.
Os gañadores
Realizado o sorteo, sairon gañadores María Carlés Ferro, Isabel Miranda, Juan Carballal, Vanessa Hattori, Emma García López, Cuca Da Silva Rubio, Moraima Ádega Antígona, Tamara Campos García, Maica Lojo, Paula Oterino Conde, Gema García, Belén Sánchez Rodríguez, Auri Belle Pop e José Luis Abad Lamas.
Os gañadores terán que confirmar os seus datos no correo electrónico que recibiron na dirección que deron cando se inscribiron no concurso. Terán seis días para facelo ou perderán o premio, que pasará a mans dun suplente. En canto se confirmen todos os nomes, comezará o envío das 14 coleccións de xoias aos gañadores.
As xoias
Para os que non tiveron sorte e queren facerse con algunha das xoias dos Bolechas, xa poden acudir á súa xoiaría máis cercana e pedilas, xa que están á venda en toda Galicia. As xoias, que poden verse na web www.osbolechas.gal/xoias, están deseñadas e creadas por Fink-orfebres.
En total son 56 deseños diferentes entre aneis, pendentes, colgantes e pulseiras. Todas as pezas están elaboradas en prata de primeira lei e esmaltadas a man en diferentes cores, e contan co certificado de garantía de Galicia Calidade.