Aínda non tes agasallo para o Día da Nai?

Este próximo domingo é o Día da Nai, e para celebralo propoñémosvos facerlle ás vosas nais un regalo moi especial: un marcapáxinas dos Bolechas... coloreado por vós mesmos!!!




Ao igual que fixemos co Día do Pai, queremos que todos os amigos dos Bolechas poidan agasallar este domingo ás súas nais cun fermoso debuxo deseñado por Pepe Carreiro: un fermoso marcapáxinas que podedes descargar AQUÍ. Se o imprimides, o coloreades e o recortades, teredes un agasallo divertido e moi persoal para que as vosas nais poidan usar nos seus libros preferidos.

Moi feliz Día da Nai!!!! 









Arquivos