Gran acollida do concurso fotográfico do Entroido dos Bolechas
Onte mércores ás doce da noite poñíase fin a un novo concurso nas redes sociais dos Bolechas. Baixo o título de “Este entroido eu son Bolechas” foron moitas as descargas das caretas dos personaxes infantís.
Desde o día 6 de febreiro, que comezou o concurso, foron moitos os usuarios das redes sociais que participaron no novo concurso dos Bolechas. Desde ese día ofrecíase a oportunidade de descargar as caretas dos populares personaxes creados por Pepe Carreiro, e así na páxina web oficial (www.osbolechas.gal) estaban dispoñibles as caretas de Carlos, Braulio, as xemelgas Pili e Loli, Sonia, Tatá e o seu can Chispa. Ademais, a través do Facebook (www.facebook.com/osbolechas) foron moitas as fotografías que se colgaron e que os demais usuarios votaron.
As cinco finalistas foron Charo Rey, Fátima Núñez Álvarez, Ángela Villar Fandiño, Rocío Lama Estévez e Natalia Martínez Devesa, sendo esta última a gañadora, por sorteo, da Biblioteca Básica Bolechas, a última novidade editorial e que está composta por 12 libros e a muuulecha, a vaca maleta dos Bolechas. As restantes catro finalistas recibirán no seu domicilio “O reloxo de Carlos”, unha divertida aventura presentada nun novo formato e que inclúe de agasallo un atractivo reloxo e un xogo das horas. Algunhas das fotos participantes pódese ver neste enlace: http://goo.gl/juCg7
Éxito de participación
Este novo concurso tivo unha grande acollida por parte dos usuarios do Facebook oficial dos Bolechas, xa que se incrementou notablemente os fans da páxina. Durante a semana do concurso tivo un alcance de máis de 20.000 persoas, cun incremento do 600% chegando a un total de 360.000 persoas (amigos de fans), o que supuxo un 11% máis respecto a semanas anteriores.