O Universo Bolechas estará no Centro Comercial As Cancelas todos os sábados de abril

Os sábados 6, 13, 20 e 27 deste mes os nenos e nenas que se acheguen a Santiago poderán divertirse cos xogos que ofrece o Universo Bolechas.




O espazo estará ubicado na planta baixa do Centro Comercial, ao lado da porta principal. Desde as 11:30 ata as 14:00 o público asistente terá acceso ás actividades interactivas e ás 12:00 dará comezo a actividade principal: o karaoke dos Bolechas.

O Universo Bolechas inclúe a posibilidade de facer unha foto cos irmáns Bolechas, viaxando no seu peculiar autobús ou formando parte dalgunha das esceas virtuais que se envían por correo electrónico. Un divertido retrato presenta á gran familia Bolechas, tíos, curmáns, avós... todos teñen o seu oco no colorista mural familiar. E para animar o fin da mañá os cativos poderán cantar as súas cancións favoritas, “Somos os Bolechas”, “Imos para a cama” ou “Braulio está maliño” entre outras. A cantar cos Bolechas!









Arquivos