A Máquina do Tempo a piques de chegar ao seu destino
Os Bolechas están a piques de rematar a súa viaxe n´A máquina do tempo. Só quedan dúas fins de semana para poder ver as aventuras dos populares pesonaxes e o científico tiruleco.
Os Bolechas na máquina do tempo está chegando ao seu fin. Só quedan oito funcións para pechar definitivamente a última xira que levou os Bolechas por máis de 40 municipios da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia grazas ao programa FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A actividade, pensada para promover o uso do galego e a súa valoración positiva na infancia e no tempo de lecer, estaba destinado a escolares de educación infantil e primaria, e desenvolvido en forma de concurso co fin de fomentar a participación e implicación do público en cada unha das funcións.
Sorteo de lotes de libros
En cada función dáse unha palabra clave que serve para participar no sorteo de lotes de libros dos Bolechas. Faise un sorteo por función e se o gañador deu a palabra clave correcta, duplica o premio. Pero no sorteo porde participar todo o mundo, aínda que non vaia ás funcións, e gañar un lote de libros dos Bolechas. Só ten que acceder á web da Máquina do Tempo e participar.
Nesa web, ademais do sorteo e información sobre a función, hai moito material para xogar e aprender cos Bolechas. As cativas e cativos poden facer o seu propio diploma de viaxeiro no tempo e acceder a actividades como sopas de letras, quebracabezas, debuxos para colorear e material didáctico para aprender máis cousas sobre o tempo e a historia.
Últimas funcións
Sábado, 17 de outubro:
Cerdedo • Centro Cultural Pontevedra • 19:00 h
Domingo, 18 de outubro:
Aranga • Anexo do CEIP A Castellana • 12:30 h
Abegondo • Centro Cultural O Salón de Mabegondo • 18:00 h
Venres, 23 de outubro:
Noia • Teatro "Coliseo Noela" • 12:30 h
Sábado, 24 de outubro:
Mos • Edificio multiúsos do Auditorio • 12:00 h
Moraña • Casa da Cultura A.D.R. Castelao • 18:00 h
Domingo, 25 de outubro:
Marín • Multiúsos Praza de Abastos • 13:00 h
Ponteareas • Auditorio Reveriano Soutullo • 18:00 h